José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, recibiu este xoves no Concello aos sete deportistas máis destacados do Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL) durante a temporada de verán que vén de rematar, á presidenta da entidade -Ángela García- e ao adestrador Diego López. O rexedor municipal quixo recoñecer deste xeito os excelentes resultados obtidos nos diferentes campionatos nacionais nos que participaron representando ao propio club, ao Concello da Laracha e a Galicia. O alcalde aproveitou a ocasión para felicitar ao SAL polo labor que realiza durante todo o ano na promoción desta modalidade deportiva e os estilos de vida saudables. Concluíu desexoulles os mellores éxitos de cara á temporada de inverno, durante a que terán a plena cooperación do Concello da Laracha para poder desenvolver os adestramentos nas instalacións do complexo deportivo da piscina municipal, ademais da colaboración organizativa que requiran na súa actividade diaria.
44