O alcalde de Carballo e a veciñanza de Xoane reclaman unha actuación integral na AC-414

1 minutes read
  • Evencio Ferrero reuniuse este venres co director a Axencia Galega de Infraestruturas, tras a presentación do proxecto de pavimentación da vía o pasado xoves.

Os veciños e veciñas do lugar piden unha actuación integral que inclúa unha senda peonil ata Carballo e unha solución para a zona da rotonda de entrada na zona urbana. O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, asegurou este xoves que se estudarán as peticións.

O alcalde, Evencio Ferrero, lembrou unha vez máis que a AC-414 é unha vía autonómica, igual que a AC-418 ou a AC-552, e que, coma nas outras, o mantemento corresponde en exclusiva á Xunta de Galicia. Aínda así, insistiu en que o Concello de Carballo está disposto a colaborar para executar unha actuación integral nos treitos urbanos de Xoane e Cances que permita mellorar tamén a seguridade peonil e ciclista, e a asumir posteriormente eses dous treitos.

Esa mesma oferta trasladoulla este venres ao director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, co que mantivo unha xuntanza en Santiago acompañado por un técnico municipal. O representante da Xunta confirmou que está previsto o arranxo do firme, tal como indicara o delegado territorial o día anterior, pero pechou a porta á construción dunha senda. Evencio Ferrero insistiu na necesidade de mellorar a seguridade peonil tanto nesa vía coma nos tramos urbanos da AC-552 na zona da Casilla e en Bértoa.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?