Ás 8 da mañá deste venres, sen a presenza do secretario e da interventora municipal nin dos voceiros políticos da oposición formada por PP e BNG. O alcalde de Cerceda levou a pleno a comunicación da sentenza que o inhabilita durante oito anos por prevaricación sen dar a posibilidade, segundo denuncia a oposición, de estudar a documentación.
Celia López. PP. » A lei marca que temos que ter a documentación no momento da convocatoria. Esta xente está saltando a lei».
O alcalde atribúe as críticas a unha estratexia de oposición e di que todo entra dentro do seu dereito a defenderse.
José García Liñares. Alcalde de Cerceda.»Non necesita maioría absoluta e polo tanto non necesita informe.»
O pleno aprobou finalmente, cos votos do partido socialista, darlle un prazo de dez días ao alcalde para decidir se recorre a sentenza de inhabilitación ou se presenta a súa dimisión.
Na orde do día figuraban, a aprobación dos proxectos de obras das sendas peonís en Xesteda e O Toural, da segunda fase do POS e o informe do Alcalde sobre as Sentenzas 139/2017 e 189/2019 ditadas polo Xulgado de Primeira Instancia 2 e do Penal 1, respectivamente, de A Coruña.
Por outra banda, o Consello Local do Bng de Cerceda emitira un comunicado rexeitando esta convocatoria de Pleno extraordinario, entre outros motivos, por estar ausentes os técnicos de Secretaria e Intervención, ademais dos 2 portavoces dos grupos da oposición.

