23
Vigo iniciou a súa particular conta atrás para que comece o seu Nadal. O alcalde activou ás sete e media da tarde deste martes un reloxo situado na Porta do Sol e que amosa canto tempo queda para o acto do acendido das luces. Abel Caballero premía o botón e activaba o gran reloxo que contabiliza os días, as horas e os minutos que faltan para o 23 de novembro. Ese día será cando se acendan as luces nun evento que comparou coa inauguración dos Xogos Olímpicos. O Nadal vigués contará este ano con dez millóns de lámpadas led, 2.700 arcos de luz, 465 árbores, nevará cada hora grazas aos 50 cañóns de neve e haberá unha xigantesca noria.