O alcalde de Vigo avanza que “a inicios de marzo” o acceso á estación de Urzáiz será desde Vía Norte

O alcalde, xunto a Javier Pardo, David Regades, María José Caride e Elena Espinosa.

O alcalde desprazouse este xoves ata Alfonso XIII, rúa que recupera provisionalmente a circulación toda vez que o Concello completou a demolición do viaduto da rúa Lepanto (ao que adicou algo máis de cen mil euros). A apertura vén acompañada da posibilidade de desviarse desde Urzáiz pola Baixada á Estación e permite o tránsito de vehículos ata García Barbón por Alfonso XIII, agora sen o túnel de dous metros e medio de gálibo, por primeira vez “en corenta anos”, en palabras de Caballero. Tamén adiantou que a comezos do mes de marzo está previsto o inicio da demolición da actual terminal ferroviaria de Urzáiz e desde entón o acceso tanto rodado como peonil á estación de tren terá lugar pola praza superior do edificio, á altura de Vía Norte. O derrubo da provisional faise necesario para que progresen as obras de entrada e saída á autoestrada, explicou.