36
O PP de Ourense propón como presidente da Deputación provincial a Luis Menor, alcalde do Pereiro de Aguiar. Así o trasladou na tarde deste martes Manuel Baltar na xunta directiva provincial á que asistiu o líder dos populares galegos. Alfonso Rueda agradeceulle a Baltar a súa decisión de dar un paso ao lado e pediu para Luis Menor o mesmo apoio, unidade e xenerosidade á fronte da Deputación que o PP de Ourense demostrou, dixo, nestes anos. Rueda reivindicou a unidade como elemento diferenciador do proxecto dos populares.