O Arenteiro gaña a Copa Federación

1 minutes read

O Arenteiro proclamouse campión da Copa Federación. Gañoulle por 0-2 ao Alzira. O equipo galego demostrou ser un dos mellores conxuntos arestora na Segunda Federación e a razón pola que aínda non perdeu ningún partido nesta temporada, nin na Liga nin na competición copeira. O partido foi de gran intensidade con constantes alternativas e ocasións para os dous conxuntos. Os goles chegaron na prórroga. No minuto 100 Rafa Mella marcou cun sensacional remate co exterior do pé que superou o porteiro local cunha vaselina. No 116, co Alzira xogando á desesperada Pibe culminou unha contra e sentenciou para o equipo do Arenteiro.