O Arzúa afunde un pouco máis ao Paiosaco, 3-0

0 minutes read

O UD Paiosaco-Hierros caeu derrotado unha xornada máis, neste caso perdeu por un contundente 3-0 na casa do Arzúa. Un encontro moi igualado ao principio, pero tras abrir a lata os locais por mediación de Brais o equipo larachés veuse abaixo e endosou dous goles máis de Jorge e Iker no segundo tempo. O Paiosaco segue sen coñecer a vitoria esta tempada e a súa situación empeza a ser preocupante.