O asturiano Suárez gaña o Rally de Ourense, Iván Ares acaba segundo

1 minutes read

Suárez e Iglesias arrasaron na 34ª edición do Rally de Ourense. En total: unha hora, 25 minutos e 28 segundos aos mandos do seu Skoda Fabia R5. O asturiano rachou co seu particular maleficio na proba ourensá, despois de varias tempadas rozando o primeiro posto na clasificación. A segunda posición foi para a parella que forman o piloto de Cambre Iván Ares e Vázquez, que empregaron 49 segundos máis que os gañadores e xa pensan na proba de Roma na que non terán ningunha presión.
A terceira posición foi para José Luis Peláez e Rodolfo del Barrio, a catro minutos, moi lonxe dos primeiros, pero favorecidos pola dobre picada de Jan Soláns, que estaba afundido en liña de meta. Soláns e Sanjuán gañaron como premio de consolación o TCPLUS.