O atletismo galego chora a morte de Alejandro Gómez

1 minutes read
  • Este domingo o atletismo galego está de loito polo falecemento dun dos seus grandes ídolos da historia máis recente deste deporte.


Alejandro Gómez Cabral -Vigo 1967- non foi capaz de superar unha terrible enfermidade que o tiña apartado da escea deportiva e social. Acompañado pola súa muller de maneira inseparable, a tamén ex-atleta Paula Hernández, tan só últimamente facía actos de aparición pública para recibir os innumerables homenaxes e mostras de cariño que de todos os recunchos e sectores da sociedade recibía. A Federación Galega de Atletismo sería unha das institucións que o faría precisamente a mediados do mes de xullo do ano pasado, cando Alejandro recibía a máxima condecoración da entidade de mans do seu presidente Isidoro Hornillos.


Alejandro Gómez, é sen dúbida polo seu curriculu deportivo, un dos atletas máis sobresaintes da historia galega deste deporte. Abanderado da xeneración de ouro do atletismo galego, o atleta de Zamáns representaba por arriba de resultados e excelencias deportivas, un home capaz de asumir retos, de abordar dificultades e de plantar dura loita contra todos aqueles retos que tanto a nivel deportivo como a nivel personal a vida puxo no seu camiño. Por desgracia neste caso e logo de pelexar ata o remate, non foi posible rematar esta dura carreira.


Un curriculu ao alcance só das lendas

Alejandro Gómez Cabral (Vigo, 1967) formaría parte dunha excepcioal xeración de fondistas galegos que durante os últimos anos dos oitenta e boa parte dos noventa dominaría as probas de fondo e campo a través.
Adestrado por Julio Rodríguez , xa de xuvenil amosaría as súas excepcionáis cualidades que o levarían a destacar tanto nos obstáculos, coma nos 5.000 m. 10.000 m, marathon e sobre todo no campo a través.