Será este sábado, a partir das 22:30 horas, na praza Olonne sur Mer
Aproveitando o espírito do Samaín o Concello da Laracha, en colaboración coa Deputación da Coruña, retoma este sábado o autocine cunha película de éxito: Jóker, de Todd Philips. A proxección, destinada ao público adulto, terá lugar na praza Olonne sur Mer a partir das 22:30 horas. O acceso en vehículo permitirase desde media hora antes, sendo a entrada gratuíta ata completar a capacidade máxima do recinto sen necesidade de reserva previa.
O filme está centrado nas orixes do personaxe interpretada por Joaquin Phoenix, que conseguiu o Óscar a mellor actor, e explora os motivos polos que se converteu no vilán máis famoso do universo Gotham City e tamén no maior inimigo de Batman.