O Banco de España rexeita limitar o prezo do aluguer da vivenda

1 minutes read

O Banco de España criticou o decreto do Goberno e rexeita limitar os prezos do aluguer da vivenda. Aínda que é certo que cada vez é máis complicado acceder a unha vivenda, o organismo alega que limitar os prezos o único que desencadearía sería unha baixada da oferta, polo que pide «dar prioridade a aquelas políticas públicas dirixidas a favorecer a oferta de vivenda de aluguer».

Este martes o Banco de España publicou o seu Informe Anual 2018, onde sinala que o aumento dos prezos do aluguer varían en función da xeografía, e que nalgúns municipios superou o 50% desde hai 4 anos.

O problema, ao seu entender, é que a oferta non cubriu a demanda existente. Por iso rexeita limitar o prezo do aluguer -una das medidas reclamadas por Podemos-, porque asegura que existen exemplos no mundo que mostran que poñer en marcha esta medida pode favorecer «unha deterioración importante dos inmobles» e reducir o stock de vivenda.

Desde o organismo avogan por dar prioridade «a aquelas políticas públicas dirixidas a favorecer a oferta de vivenda de aluguer» e mellorar a seguridade xurídica, para que a xente propietaria dun inmoble atope atractivo ofertar o mesmo.

Os colectivos con menor formación, as persoas de nacionalidade estranxeira que viven nas cidades con maior aumento de poboación e os mozos son os máis afectados por non poder acceder a unha vivenda.