O Banco de Inglaterra prevé un retroceso do 30%

1 minutes read

A economía do Reino Unido sufrirá o seu maior esborralle en tres séculos polo coronavirus. As previsións do Banco de Inglaterra non atopan referente histórico. Habería que remontarse á quebra da Compañía dos Mares do Sur en 1720, para ver á economía británica caer un 30% en seis meses e pechar o ano cun retroceso do 14%. A única boa noticia é que a recuperación da actividade será rápida e sólida que podería pechar o ano que vén cunha subida do 15%. Todo dependerá do ritmo das medidas de desconfinamento que permitan renovar a actividade produtiva. E como en todas as crises, prevese unha sangría de paro que levaría o desemprego desde o 4% actual ata o 9% durante este ano 2020, sempre segundo o informe trimestral do Banco de Inglaterra. Unha situación que obriga a manter a súa política monetaria, co tipo de interese de referencia no 0,1% aínda que de momento non amplía as súas medidas de estímulo. Haberá que esperar ata a reunión de xuño.