O Calvo Basket Xiria logrou unha nova vitoria tras dúas semanas no dique seco, á vez que freaba as aspiracións do CB Tormes de pelexar a primeira praza do grupo AB en Liga EBA. Os dous primeiros cuartos estiveron moi igualados. Os dous contendentes mostraron un nivel parello e os charros marchábanse cun punto de renda ao descanso (30-31). O terceiro cuarto tivo dominio local. Basket Xiria aproveitaba unha desconexión final do CB Tormes para endosar un 24-15 en dez minutos e entrar con oito puntos de renda ao último cuarto (54-46). Un parcial local de 9-0 nos dous minutos iniciais do acto final puxeron o partido imposible para o CB Tormes (63-46). Con todo en contra foise a por o partido o CB Tormes. Os charros reduciron a renda e chegáronse a colocar a seis puntos. Pero a sorte xa estaba botada: con esta vitoria (80-71) o Calvo Basket Xiria mantense na zona media da táboa con 32 puntos, tras once vitorias e dez derrotas, á vez que lle endosaba un duro golpe aos salmantinos na loita polo primeiro posto.
36