Partido que o Calvo Basket Xiria empezou con moi bo ritmo de xogo, alegre e facendo fronte a un gran equipo con moita altura, dureza no xogo e moita calidade. O conxunto carballés soubo desplegar o seu xogo en ataque e apretando en defensa (_a pesar da diferencia en centímetros na zona_).
Os dous primeiros tempos foron moi igualados (21-22 e 17-16), tando é así que se chegou ao descanso 38-38, con moita calidade en ambos equipos e un baloncesto de nivel.
Pero tras o descanso todo cambiaría, o Obradoiro Ames sae en tromba e o Calvo Basket Xiria non puido frear aos composteláns en defensa, sumado á falta de acerto no tiro exterior e a dureza permitida polos colexiados, estiveron este 3ºQ fora do partido e a vantaxe para o visitante foi ampla, 9-23.
Xa no último tempo o equipo carballés intentou e volveu a xogar con ataques rápidos, con acerto no tiro e roubos de balón na presión defensiva, pero pola ampla diferenza, non puido máis que gañar de dous o parcial, para chegar a un marcador final de 71-83.