O Basket Xiria ‘meréndase’ ao Estrada, plántase primeiro de Grupo e finalista da Copa Galicia

Cedida.

O Calvo Basket Xiria impúxose este domingo con autoridade ao Cons. Riveiro EDM A Estrada (45-78). Suma e segue o equipo de Héctor Méndez, aproveitando a competición copeira a modo de pretemporada para tentar chegar en forma á primeira xornada de Liga EBA, a segunda fin de semana de outubro. Tres de tres leva, agora, como campión do grupo B, terá que xogar a ansiada final de Copa.