O Bergantiños é máis líder | O Paiosaco suma e segue con remontada

2 minutes read

O Bergantiños derrotou este sábado a un rival directo polo ascenso a pesar de non completar un gran encontro. Como xa fixo na Lomba, o equipo carballés tirou de efectividade e impúxose por 0-1 en Oira grazas a un gol en propia meta de Corzo ao fío do descanso. Con estes tres puntos, o Bergantiños que dirixe Secho é aínda máis líder e o Ourense pecha o ano en postos de play off. Tras varias oportunidades locais, o Bergantiños rozou o segundo gol no minuto 65. No tramo final tentárono con todo os locais pero os pupilos de Secho defenderon o resultado e vanse ao parón do Nadal como líderes en solitario.

O Pontevedra B cae ante o Paiosaco nun partido marcado por unha polémica expulsión

O encontro comezou co Paiosaco máis enchufado ao partido que o Pontevedra B. O cadro de Ramos víase superado en varias facetas do xogo. Co paso dos minutos, o filial lerezano logrou entrar ao partido e na primeira acción de perigo que xeraron anotaron o primeiro gol, Casais batía a meta do Paiosaco tras un bo pase de Guèye. Oito minutos máis tarde, no 34 de partido, Iván Dopico remataba de cabeza a segunda xogada dun corner batendo a Víctor e asinando o empate (1-1). No segundo tempo púidose ver a un Pontevedra con máis decisión e empuxe que nos primeiros 45 minutos. Os de Ramos estaban a pelexar por unha vitoria que lles sacase do descenso pero o partido comezou a torcerse coa expulsión de Jaichenco no 64. A partir de aí, o Paiosaco veuse arriba e marcou o 1-2 no 79 nunha gran xogada individual de Daniel Fernández. E cinco minutos máis tarde sentenciaron por medio de Iván Torres, que se plantaba só na meta local para poñer o 1-3.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?