O Bergantiños é máis líder tras unha terceira vitoria consecutiva | O Paiosaco sumou un empate

1 minutes read

Ao Bergantiños custoulle facerlle fronte ao Pontevedra B de Jesús Ramos, que conseguiron chegar ao descanso coas táboas no marcador. Pouco duraron as táboas no marcador na continuación, xa que un penalti por man dentro da área transformábao Álex Ramos no 1-0 batendo a Carlos. Quedaba toda a segunda parte por diante, pero xa nos minutos finais e co Pontevedra B tentando sen éxito a igualada o que chegou foi o 2-0 definitivo, obra de Longo. Con esta nova vitoria o Bergantiños afiánzase na cabeza da clasificación en solitario e con dous puntos de marxe sobre o segundo, mentras que o Pontevedra B con esta derrota segue en postos de descenso en Terceira RFEF, ao ser penúltimo con 10 puntos.

Paiosaco 2-2 Arzúa

O pechacancelas da clasificación xeral, o Arzúa, conseguiu un empate a domicilio na casa do Paiosaco. Con este reparto de puntos, os da Laracha quedan ubicados no posto 12 da xeral con 15 puntos e o Arzúa segue de último con 2.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?