O Bergantiños logrou cortar a sangría negativa de varias derrotas consecutivas tras a chegada de José Durán ao banco. Aínda que un empate non valla de moito, é o mellor que lle pasou en semanas, polo que hay que ser positivos e pensar que pode ser un punto de inflexión e todo pode cambiar para mellor, que moita falta lle fai ao equipo, pero tamén á sufrida afección. Partido con moi poucos achegamentos o que se viu este sábado no campo municipal das Eiroas. Ningún lanzamento na primeira parte e na segunda mellorou un pouco a cousa pero sen demasiados alardes por parte de ningún dos dous conxuntos. Nunha tarde fría e pouco apacible, a quince minutos do final apareceu o brasileiro Vanderson para adiantar ao Marino de Luanco. O mesmo guión de sempre para o Bergantiños que rachou o capitán Agulló cunha cabezada á saída dun córner na última xogada do partido. Tarde e arrastro, pero foi. Na próxima xornada toca saída e derbi en Compostela, un equipo técnicamente superior, instalado a rebufo do Arenteiro na cabeza da táboa.