O Bergantiños exerce de máis líder na casa | O Paiosaco sumou un punto fóra

2 minutes read

O Viveiro, de Alberto López, plantoulle cara ao Bergantiños desde o primeiro minuto de partido nas Eiroas. O equipo carballés adiantouse no marcador no minuto 5 despois dunha acción na banda esquerda que tivo como protagonistas a Pedrosa e Álex Ramos. Este último puxo un bo centro para que Musy rematase a gol dentro da área pequena. Pero pouco durou a alegría nas Eiroas. Aos 10 minutos de xogo o Viveiro devolveu o empate ao luminoso tras unha xogada illada finalizada por Rolle tras un gran centro de Manu. O Viveiro creaba serio perigo sobre a meta de Canedo no que quedaba do primeiro tempo.

Tras o paso por vestiarios cambiou o guión, e o Bergantiños foise apropiando aos poucos do partido e en menos de tres minutos pechaba a contenda. No 73′ Cabarcos asistía a Remeseiro que remaba a gol desde o punto de penalti. Unicamente dous minutos despois Musy anotou o seu dobrete particular tras outra xogada pola esquerda. Ao final, un xusto 3-1. Con este resultado o Bergantiños é líder en solitario con 39 puntos, mentres que o Viveiro atópase a 5 puntos da salvación, con 14.

Partido sen goles entre Alondras – Paiosaco

O Paiosaco, de Diego Armando García, cultivou un empate (0-0) na casa do Alondras, que ocupa postos de fase de ascenso a Segunda Federación e que só perdeu dous partidos nas 18 primeiras xornadas de liga. O Paiosaco defendeuse ben no primeiro tempo, nun partido sen ocasións moi claras e onde as defensa xogaron un papel importante para manter as porterías a cero. Ao final, empate sen goles e repartición de puntos, algo moi positivo para o Paiosaco, pero non suficiente se non empeza a sumar puntos na casa para ir afianzándose na táboa clasificatoria. De momento está na 14 posición con 20 puntos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?