23
Duque chegou a Carballo a pasada campaña, despois de vivir a su primeira experiencia en Segunda B no Rápido Bouzas, e non tardou en facerse co posto de “9” no once do primeiro equipo. Lemos confía plenamente no futbolista, que pode actuar en toda a fronte de ataque.
“Estou contento pola renovación e emocionado polo proxecto que teñen entre mans o club e o míster. Xa hai moitas ganas de empezar a traballar para sacar adiante con éxito o ano que nos espera”, afirmou Duque.