O Bergantiños xogarao todo contra o Arousa, tras perder co Alondras 2-1

1 minutes read

O Alondras puxo máis ganas e sumou unha nova vitoria tras gañarlle 2-1 ao Bergantiños este domingo no Municipal de Fútbol do Morrazo, nesta Fase de Ascenso á Segunda División. Cun solitario gol de Luismi no minuto 33, estreaba o Alondras o marcador co que se chegaría ao descanso. Numerosos afeccionados carballeses acudiron á chamada do que puido ser e non foi. Tras a continuación José Luis Lemos apostou por un equipo ofensivo, dando entrada ao reforzo do equipo con Duque e Concheiro. Pero aos poucos minutos, no 63, chegaba de novo o gol para o equipo local por mediación de Vilariño. Novo movemento no banco rojillo -que xogaba de azul-, vaise Aarón e entra Tarí, a presión arriba do conxunto carballés tivo o seu froito na recta final do encontro cun gol de Martín en propia porta nunha xogada con Cano no minuto 86. 2-1, Non houbo tempo para máis. Escapóuselle unha gran oportunidade ao Bergantiños de dar un paso á seguinte categoría. Esforzo dobre, a todo ou nada, o que lle espera as próximas dúas xornadas que quedan. Esta fin de semana recibe ao Arousa en As Eiroas, onde xa só lle vale a vitoria para achegarse á Segunda División.