18
O Bloque Nacionalista Galego vén de despregar este sábado no Berbés unha bandeira xigante de Galiza como punto de inicio da VI edición da Semana da Patria Galega en Vigo organizada pola fronte nacionalista e a organización xuvenil Galiza Nova.
Con esta acción simbólica —parte da campaña nacional do BNG baixo o lema ‘Gañarnos o futuro. Unha nova Galiza en Marcha’— as nacionalistas invitan a participar nos próximos días na cidade dunha programación na que destacan un acto político co portavoz no Congreso, Néstor Rego, e distintas actividades culturais e carpas informativas como prólogo do 25 de xullo, data na que chaman a asistir á manifestación nacional convocada en Compostela.