O BNG acusa a PP e PSOE de ter un “pacto de silencio” sobre o derrube da A-6

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón esixiu “explicacións e transparencia” sobre as causa do derrube da ponte da A-6 e denunciou o que calificou como  “pacto de silencio PP-PSOE” para protexer intereses partidistas e empresariais. Afirmou que desde o BNG están “escandalizados e moi preocupados”  polo acontecido no viaduto despois do segundo derrube e alguén terá “que dar explicacións” é resulta “inadmisible”  pasar de estar a piques de reabrir esa ponte con arranxos millonarios e agora propoñer “a súa demolición”.

Para a líder nacionalista, o acontecido evidencia “unha complicidade, un pacto de silencio PP-PSOE que nós parece politicamente impresentable”. A quen queren protexer? Ao Sr. Álvarez Cascos? A Florentino Pérez? Ao lobby do Palco do Bernabeu? preguntou.

Desde o BNG queremos explicacións e transparencia e reclamamos: “ a comparecencia da Ministra de Transporte, unha auditoría independente de todas as pontes da A-6 e unha estratexia e calendario para poder circular con seguridade pola A-6” e dende o BNG,  “iremos  até o fondo, caia, que caia”, concluíu.