O BNG califica de insuficientes os orzamentos da Xunta para 2020

1 minutes read

O BNG de Carballo reuniuse este xoves na súa sede onde recibiu a visita do deputado parlamentario da formación nacionalista Mini Rivas Cruz. Mini, fixo unha valoración do proxecto de orzamentos presentado po lo Goberno do Partido Popular para o vindeiro ano 2020. Segundo o BNG «O PP segue a gobernar para os amigos, mirando para outro lado ante os graves problemas estructurais deste país, como é o desmantelamento industrial». En clave local, dende o BNG tamén se queixan de que dúas das demandas históricas do BNG e da sociedade carballesa en conxunto, como són a ampliación do polígono industrial e a circunvalación, están a ser tratadas polo Goberno da Xunta con partidas ridículas. Tanto o responsable comarcal da formación nacionalista, Xosé Regueira, o alcalde Evencio Ferrero, como o deputado no Parlamento Mini Rivas, coincidiron en que se trata dun orzamento insuficiente, tanto para Carballo como para Galicia.