O BNG da Laracha instará o goberno municipal a adoptar as medidas oportunas (previstas na ordenanza reguladora) ante o deterioro provocado polas talas na zona do río Acheiro. Son diversas na estrada de Maunlle e A Tapia cara a Golán, pola zona do cruce de Trixezo, e tamén na zona de Compañeiro (todas elas na parroquia de Soandres).