O BNG da Laracha levará ao pleno os problemas no servizo de axuda no fogar

A Laracha Pleno orzamentos

  • Os usuarios quéixanse das modificacións dos horarios acordados e dos cambios no persoal

Desde o Bloque Nacionalista Galego levarán ao próximo pleno da corporación as continuas queixas que están a recibir por parte de usuarios do Servizo de Axuda no Fogar do concello. O pleno celebrarase o venres 31 a partir das 13:30 horas.

O portavoz do BNG na Laracha, Xoán M. Sande Muñiz, achegará ao resto dos partidos políticos as queixas dos usuarios con motivo das modificacións dos horarios de atención acordados, dos cambios no persoal e outras incidencias.

Lembran que actualmente o concello mantén un contrato cunha empresa de xeito temporal mentres non se realiza unha nova licitación, situación na que xa levan bastante tempo.

No seu día, desde o BNG da Laracha votaron en contra da privatización do servizo, e seguirán apostando porque este servizo o preste directamente a administración.