- Será no próximo pleno ordinario da Corporación, a celebrar o venres 26 de xullo
En concreto trátase do cambio de nomes de rúas dos núcleos de Caión, Paiosaco e A Laracha que foron aprobados en Pleno hai xa 8 meses. Entre os nomes que se acordou cambiar están o da rúa Carrero Blanco e as súas travesías en Caión, cuestión que levan demandando desde o BNG moitos anos, según manifestan, por dignidade democrática, e desde o ano 2007 tamén para dar cumprimento á lei da memoria histórica. Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal lo BNG da Laracha, afirma que pasados oito meses desde a aprobación en Pleno do cambio de nomes de diversas rúas e prazas, logo dunha consulta coa veciñanza por internet (aínda que dun xeito moi limitado), o certo é que as cousas están igual e por iso dende o BNG larachés preguntarán ao goberno municipal cando teñen previsto dar os pasos necesarios para facer efectivo ese cambio de nomes e que dunha vez deixemos de padecer a vergoña de termos unha rúa en Caión adicada a un dos principais responsábeis da ditadura, afirma Sande.