- Dos 17 concellos que compoñen o xeodestino Costa da Morte tampouco solicitaron estas axudas Cabana de Bergantiños, Coristanco e Mazaricos
O BNG de Laxe a través do seu portavoz, Xosé Manuel Pose, pide que o goberno local (PP) explique o motivo polo que este ano o Concello non solicitou á Deputación da Coruña a subvención para financiar persoal nas oficinas de turismo «a pesar de ser Laxe un municipio de interés turístico».
Os nacionalistas pregúntanse cales son os motivos polos que a Concellería de Turismo non solicitou dita subvención, xa que «ao noso xuízo representa unha falta total de interés pola materia, cuestión que xa se veu reflexada na paralización do proxecto reLAXEse«. Pose tamén fixo fincapé no estado de «abandono» no que se atopa o punto de información turística.
Dos 17 concellos que compoñen o xeodestino Costa da Morte tampouco solicitaron estas axudas Cabana de Bergantiños, Coristanco e Mazaricos.