O BNG de Malpica pide unha homenaxe ao exalcalde Luis Cancela Vecino, recentemente falecido

0 minutes read
  • Tamén solicitan ao goberno local unha rúa ou espazo público co seu nome

Ante o recente pasamento de Luis Cancela Vecino o pasado 17 de maio, desde o BNG de Malpica piden ao Concello a organización dalgún acto público en homenaxe ao que fóra alcalde da localidade desde 1979 ata 1991. «Cancela foi quen puxo en funcionamento os principais servicios e infraestruturas, e realizou unha labor importantísima tanto no eido cultural como no deportivo», sinalan desde a formación nacionalista, polo que tamén solicitan unha rúa ou espazo público urbano que leve o seu nome.