O BNG de Ponteceso rexistra alegacións ante a modificación da ordenanza do IVTM

1 minutes read

O BNG de Ponteceso vén de rexistrar alegacións ante a Modificación da ordenanza de IVTM coa que o goberno local de Ponteceso prentede deixar sen a bonificación deste imposto aos vehículos de entre 25 e 40 anos e xerando para os vehículos deste rango de idade a inseguridade de poder perdela por non incluir un epígrafe específico sobre esta circunstancia na nova redacción.

Así mesmo desde a Asemblea Local iniciaron unha campaña informativa e de recollida de sinaturas e animan á veciñanza a presentar tamén alegacións durante o período de exposición pública, que comezou o pasado día 16 de outubro e se prolongará ata o 24 de novembro.