O BNG de Vigo comprométese a cuatriplicar os recursos para políticas municipais de emprego

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego comprométese a multiplicar por catro os recursos orzamentarios destinados a políticas municipais de emprego e de promoción económica. Así o anunciou este martes o concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que propón destinar un mínimo de 20 millóns de euros no vindeiro mandato diante do aumento do desemprego, a principal preocupación das viguesas e vigueses. Así, Igrexas asegurou que un BNG “determinante” no Concello de Vigo a partir das vindeiras eleccións municipais do 28 de maio será a garantía dunha nova política que teña entre as súas prioridades a promoción do emprego para atender a primeira preocupación dos e das residentes na cidade.