O Bloque Nacionalista Galego de Vigo critica que o actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebre as 20 mil visitas á feira Navalia mentres o seu goberno continúa sen tomar ningunha medida para garantir o futuro do naval. A fronte nacionalista reitera a necesidade dunha «enérxica intervención pública» que blinde a carga de traballo e o emprego nun sector «estratéxico» para a cidade e para a comarca, pero que vive unha situación límite. O BNG censurou que a Xunta, malia ter competencias en materia industrial, limite a súa actuación a «mandar o balón fóra e unicamente apele á indiferenza do Goberno español de PSOE e Unidas Podemos». Os nacionalistas aseguran que «non abonda con insistir na importancia do sector ao tempo que non sei fai nada para evitar o seu esmorecemento».
32