O BNG de Vigo denuncia o abandono do Dolmen da Casa dos Mouros

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego denuncia o abandono por parte do Concello de Vigo do Dolmen da Casa dos Mouros, declarado como Ben de Interese Cultural e parte do catálogo municipal de Patrimonio Histórico. Decenas de persoas convocadas pola fronte nacionalista veñen de realizar un acto de protesta ao pé desta importante peza para reclamar a súa posta en valor, após ano e medio rodeada cun valado de obra polo Goberno municipal. Este acto de protesta estivo enmarcado nunha campaña local do BNG baixo o título VigoMáis, iniciada o pasado 13 de maio cun evento para coñecer entidades que traballan en prol da lingua galega. Os nacionalistas anunciaron para as próximas semanas e meses novas actividades co obxectivo de seguir poñendo en valor a cultura e o patrimonio da cidade.