26
A deputada do BNG, Alexandra Fernández, reclamará a través dunha iniciativa parlamentaria a reforma integral das dependencias do conservatorio de Vigo para poñer fin ás graves deficiencias que fan «impracticable» a docencia musical. Presenta falla de conservación», con graves problemas de humidades e filtracións de auga. O BNG promoverá esta iniciativa no Parlamento galego, ante a «inoperancia» do Goberno galego, que segundo afirman, leva anos a desatender as denuncias do alumnado. A fronte nacionalista pide tamén que o Concello de Vigo atenda as demandas no que ten que ver coa mellora dos accesos e a conexión por transporte urbano.