O BNG de Vigo pide de novo a retirada dos restos do alumeado de Nadal da Alameda

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego pide retirar dunha vez os adornos de Nadal pendurados da centenaria araucaria da Alameda de Vigo. A fronte nacionalista reitera a esixencia de retirar o alumeado desta árbore singular, cinco meses despois do remate das festas, e pregunta ao alcalde se hai que acudir ao Seprona para facer cumprir a normativa medioambiental.

O edil nacionalista, Xabier P. Igrexas, reiterou así a esixencia realizada nos pasados meses desde o BNG para poñer fin a «este disparate» de manter os adornos na Alameda. Recordou que foi tras unha  denuncia do Bloque a finais de marzo cando se procedeu á retirada das estruturas de madeira do mercado de Nadal, non así das luces colgadas da araucaria.