O Bloque Nacionalista Galego pon en marcha a campaña ‘Moito máis que tres. A túa voz no Concello’, coa que inicia unha rolda de actos públicos en todos os barrios e parroquias de Vigo e unha intensa axenda de encontros con colectivos sociais e co tecido asociativo, que foi presentada este mércores polo portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, e polos concelleiros nacionalistas, Ana Martínez e Filipe Abalde. O portavoz nacionalista lembrou que a noite electoral do pasado 28 de maio avanzou que “o Bloque íamos ser moito máis que tres asentos no Pleno para ser unha ferramenta útil que dea voz a quen outros non queren escoitar”. Un compromiso que, asegurou, se materializou nestes cinco meses cun contacto estreito cos movementos sociais e con preto de 200 propostas e iniciativas que “evidencian que si hai alternativa ao desgoberno de Caballero”.
20