25
A fronte nacionalista pide a Aena que intensifique os traballos até que se inicie a renovación integral da pista de aterraxe, anunciada para maio de 2024, para que non volva quedar inoperativa pola aparición de fochancas, como ocorreu o pasado marzo por terceira vez en apenas ano e medio.
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, asegurou ademais que aproveitando este investimento «é o momento» de mellorar a terminal do sur de Galiza cun Plan de Dinamización. Unha proposta que os nacionalistas levan anos demandando, a través de emendas aos Orzamentos Xerais do Estado, pero que toparon sempre coa negativa dos sucesivos Gobernos españois e coa total inacción, afirman, por parte da Xunta de Galiza.