O BNG de Vimianzo pide a creación dun centro de día no municipio

O BNG de Vimianzo vén de  solicitar  unha xunta de portavoces a fin de preparar as comisións previas ao pleno no que se debaterán os orzamentos municipais para o 2026.

A formación nacionalista destacou a necesidade de contar cun centro de día de atención a maiores dependentes. O seu voceiro municipal, Benxamín Queiro, sinalou que “as familias do concello precisan dun centro onde os seus maiores poidan estar ben atendidos durante unhas horas”.

Por este motivo, o BNG tentará acadar o compromiso de todos os grupos da corporación para a posta en marcha deste servizo, así como varias inversións nas que destaca a Casa da Xuventude, a rede de saneamentos nas parroquias de Serramo e Bamiro, ademais de retomar o proxecto de arranxo de pista no lugar de Ogas.

Alén, desde o grupo nacionalista insistiron na importancia de cumprir as inversións orzamentarias acordadas no pleno da corporación, polo que acusan ao goberno municipal de “despilfarro e mala xestión, pois non foi quen de executar todos as obras e investimentos aprobados nos anteriores orzamentos, a pesar de contar durante dous anos consecutivos cos orzamentos máis elevados da súa historia”.

Related posts

Rescatados os tres tripulantes dunha embarcación que afundiu na ría de Corcubión

Íntegro e Máis Porvir organizan unha xornada formativa arredor da sexualidade e a diversidade funcional sen tabús

Nova edición dos Venres Teatrais na Laracha