O BNG demanda dous novos PAC en Vigo

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego volve demandar dous novos Puntos de Atención Continuada (PAC) en Vigo diante da situación “límite” da Atención Primaria e das Urxencias hospitalarias na cidade. Así o reiterou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após unha nova xornada cunha presión asistencial récord na cidade, con case 600 persoas no Hospital Álvaro Cunqueiro este pasado luns. O portavoz do BNG reiterou a proposta de abrir estes dous novos PAC nas contornas de Navia-Coia e Teis como solución para aliviar a presión no centro de Pizarro, ademais de desconxestionar os centros de saúde e as propias Urxencias do Álvaro Cunqueiro. “Esta medida é perfectamente asumíbel e só esixe de vontade política, e sería un paso positivo para garantir o dereito a termos unha sanidade pública de calidade”, subliñou.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?