O BNG demanda unha rotonda no Alto dos Valos, entre Redondela, Mos e Pazos de Borbén

1 minutes read

O deputado da fronte nacionalista no Congreso, Néstor Rego, presentou unha emenda parcial aos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) de 2022 para demandar un investimento de 800.000 euros que faga realidade esta reiterada demanda.

“Existe un problema de seguranza viaria neste punto polo tráfico que ten, incluído de vehículos pesados”, explicou Rego durante unha visita na zona acompañado dos portavoces municipais do BNG de Redondela, Xoán Carlos González, de Mos, Gustavo Barcia, e de Pazos de Borbén, Xurxo Pardo.

Os representantes da fronte nacionalista lembraron que cada día circulan arredor de 20.000 vehículos por esta ubicación da N-550, que une o norte de Portugal e as áreas industriais do Porriño co norte da provincia de Pontevedra e da Coruña. De feito, este vial ten unha das densidades de tráfico máis elevadas da provincia, pois serve como alternativa sen custes á AP-9, o que provoca na zona do Alto dos Valos unha preocupante siniestralidade.

A demanda dunha rotonda que mellore a seguridade viaria dos tres concellos afectados foi desouvida polos sucesivos Gobernos españois durante os últimos anos. Porén, Tráfico ten instaladao neste punto un rádar co que recada preto de 600.000 euros cada exercicio.