O BNG sempre denunciou que as peaxes da AP9 son unha estafa e unha discriminación con Galicia, de aí a súa persistente reclamación dunha autoestrada galega e libre de cargas. Pero a Comisión Europea vén de ditaminar que, ademais, as ampliacións da concesión até 2048 son ilegais e, por tanto, tamén as peaxes cobradas baixo esas ampliacións.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou este venres que o seu grupo demandará no Parlamento galego e no Congreso dos Deputados o «rescate da AP-9» despois de que Bruxelas expedientara a España pola ampliación da concesión. A maiores tamén pedirán que se reprobe aos Gobernos do PP e do PSOE que «aprobaron unhas ampliacións que son ilegais» e que supuxeron que os galegos pagasen «1.091 millóns de euros en peaxes ilegais».
A portavoz do BNG lembrou o rescate das radiais madrileñas por máis de 4.000 M€, por tanto non sería admisible que agora PP e PSOE puxeran problemas coa AP9.