O BNG exixe aplicar as baixadas na AP-9 neste mes ou chamará a mobilizacións

1 minutes read

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala que non hai ningunha razón para a demora, porque existe partida orzamentaria e o Goberno debía ter preparadas as mudanzas normativas para que entrasen en vigor no 1 de xaneiro. En todo caso, considera que tres semanas son máis que suficientes para aprobar o decreto, de forma que permita aplicar os descontos nas peaxes xa neste mes de xaneiro. Caso contrario, o BNG chamará a sociedade galega a se mobilizar para obrigar o Goberno a cumprir o acordado e asumir os compromisos con Galicia. O deputado do BNG sinala que «existe un enorme enfado e descontento que diariamente nos fan chegar tanto particulares como profesionais do transporte polo incumprimento do Ministerio ao non veren reflectidas as baixadas das peaxes no comezo de ano, polo que esperamos que o Goberno e os partidos que o apoian reflexionen e rectifiquen canto antes.