O BNG impulsará unha Proposición de Lei para ‘recuperar os dereitos da clase traballadora’

1 minutes read

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, cualifica a votación sobre a convalidación do Real Decreto-lei da Reforma Laboral como a confirmación dunha “fraude” por incumprir as promesas e comproimisos de “derrogar a Reforma do PP de 2012”. Denuncia a falta de diálogo dos partidos do Goberno e o furto que significa “non permitir que a cámara debata e modifique o texto lexislativo”. O deputado nacionalista reivindica o papel da súa formación na loita por recuperar e blindar dereitos para a clase traballadora e avanza o rexistro dunha Proposición de Lei para derrogar de maneira íntegra a Reforma Laboral.

Durante a súa intervención, Rego criticou o feito de que se aprobe unha medida que non responde ao que ambas as formacións que compoñen o Goberno prometeran e mesmo acordaron con outras organizacións políticas- como no Acordo de Investidura co BNG-, derrogar a Reforma Laboral de 2012.