O BNG larachés denuncia un amoreamento de madeira na parroquia de Soandres

1 minutes read
  • Os toros invaden parte da vía e non hai ningún tipo de sinalización

O BNG da Laracha denuncia un amontoamento de troncos de madeira nunha estrada na parroquia de Soandres, en concreto no cruzamento para Tapia e Compañeiro.

Segundo reclaman os nacionalistas, os toros invaden parte da vía e non hai ningún tipo de sinalización. Tamén sinalan que o camiño se atopa cheo de pólas, o que podería convertirse nun perigo para a circulación.

Desde o grupo municipal do BNG instan ao goberno local a actuar en consecuencia e velar polo cumprimento da normativa vixente, obrigando aos responsables «a repoñer o estado da vía e aplicando as sancións que, no seu caso, poidan corresponder», destacou o portavoz da formación, Xoán M. Sande Muñiz. Este tamén lembrou que a «estrada foi arranxada e acondicionada hai aproximadamente dous anos con diñeiro público».