O BNG logra desbloquear a tramitación da Lei de transferencia da AP9

1 minutes read

A Mesa do Congreso aceptou a proposta do BNG para desbloquear o debate da tramitación da Lei Orgánica para a transferencia da AP-9 á Galicia e permitir que o texto poida comezar o trámite na ponencia da Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, espera que a partir de agora non haxa novas dilacións e se poida aprobar a máis tardar en outono. “Que a autoestrada do Atlántico sexa galega debe ser o primeiro paso para conseguir unha autoestrada libre de peaxes para acabar coa estafa legalizada que sufrimos todos os galegos e galegas” destaca Rego. Ademais aproveitou para reclamar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana pór en marcha “canto antes” os descontos “estabelecidos no Acordo de Investidura” asinado co BNG.