O BNG pedirá en Madrid nacionalizar Alcoa

1 minutes read

O deputado nacionalista, Néstor Rego, anunciou que exixirá este martes na Comisión de Industria, Comercio e Turismo, a través dunha Proposición Non de Lei a intervención pública da factoría de aluminio de Alcoa en San Cibrao.

O BNG leva desde que se anunciara o peche da factoría reclamando, no Congreso e no Parlamento galego, a nacionalización da planta para retornala ao ámbito público, mantendo desta forma os postos de traballo e o futuro económico e social de toda a comarca da Mariña. 

“Atopámonos nun momento decisivo no que a nacionalización é agora, máis que nunca, a única saída para salvar a planta, despois de que a empresa comunicase a parada das cubas, a entrada nun ERE e o despedimento de 415 traballadores e traballadoras”, explica Néstor Rego.