O BNG pide a comparecencia do conselleiro de Sanidade para explicar a 3ª vaga e o plan de vacinación


Nunha batería de iniciativas presentada na Cámara pola deputada Montserrat Prado, a formación nacionalista advirte da preocupante evolución dos indicadores epidemiolóxicos, cunha taxa de positividade media próxima ao 10%, unha incidencia acumulada por 100.000 habitantes de 223 e varias xornadas superando os 600 contaxios diarios, co correspondente aumento da presión asistencial. Neste contexto, o BNG pedirá a comparecencia do conselleiro de Sanidade no Parlamento galego para dar conta da evolución da pandemia -ante a que considera “evidente terceira onda de contaxios COVID”- e da estratexia de vacinación que, segundo recalca, “debería ser unha peza clave para evitar a transmisión”.