43
O BNG lanza unha campaña de apoio ao comercio local baixo o lema Mellor local, mellor galego e cunha dobre petición aos galegos e as galegas: consumamos produto do país e consumámolo no comercio de proximidade, animando á cidadanía a axudar, coa súa opción de compra, á reactivación económica e social dun sector que xera miles de empregos e que, ademais, ten un efecto dinamizador das vilas e cidades. Para presentar a campaña, a portavoz nacional, Ana Pontón, xunto coa portavoz municipal en Santiago, Goretti Sanmartín, elixiron precisamente un comercio local no centro de Compostela, Merlín e Familia, exemplo do que significa comercio local: calidade, trato personalizado, produto coidado e diferenciado.