O BNG pídelle á Xunta máis medidas ante o comezo do curso escolar

1 minutes read

O BNG aposta por unha volta ao colexio presencial e segura e pídelle ao Goberno da Xunta que adopte máis medidas. Entre elas, conseguir que se respecte a distancia de seguridade nas aulas e máis financiamento para apoiar a comunidade educativa. O portavoz de educación do BNG, Manuel Lourenzo mantivo un encontro coas AMPAS, forzas sindicais e  representantes do profesorado e estudantado para avaliar a actual situación, a poucos días do comezo do curso escolar nun contexto marcado pola COVID-19. Lourenzo trasladou á comunidade educativa o apoio do BNG as súas demandas e insistiu na necesidade de implementar medidas para garantir a volta “presencial” ás aulas  “con todas as garantías e seguridade”. Neste sentido, avogou por reducir as ratios e  garantir a seguridade entre alumnos e  criticou “a trampa da Xunta” mantendo un metro de distancia entre os eixos das cadeiras cando os sanitarios recomendan un metro entre pupitres. É preciso, contar xa “cun protocolo claro en conciso”, sentenciou.